O grupo socialista leva ao parlamento a “situación límite” da sanidade ourensá

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Carmen Dacosta preguntaralle ao conselleiro pola situación do materno – infantil no Pleno da próxima semana e urxe un plan de choque para rebaixar as listas de espera.

A parlamentaria socialista Carmen Dacosta ten presentado unha batería de iniciativas parlamentarias diante da “situación límite” da sanidade ourensá. A responsable socialista comezará no Pleno da próxima semana, onde o conselleiro terá que responder en persoa a unha pregunta sobre o grave deterioro das instalacións do Hospital Materno – Infantil.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A responsable socialista esíxelle ao conselleiro que atenda ás demandas dos profesionais que traballan naquelas instalacións nas que teñen rexistrado “derrubamento de teitos e a cancelación de intervencións cirúrxicas programadas”. Dacosta esixe unha intervención urxente e eficaz para garantir a atención das usuarias do centro e unhas mínimas condicións de traballo por parte dos e das profesionais.

Carmen Dacosta presentou ademais unha batería de iniciativas parlamentarias para esixirlle á Consellería de Sanidade un plan de choque para rebaixar o tempo de espera nas consultas do hospital público de Ourense e de Valdeorras e tamén no servizo de cirurxía do complexo hospitalario.

A parlamentaria socialista esíxelle á Consellería que escoite e atenda ás demandas que está a trasladar o persoal do centro, que apunta ademais aos graves problemas de falta de persoal en servizos como a Unidade de Coidados Intensivos -UCI-, así como no quirófano e cirurxía intervencionista.

Lembra que “o goberno galego ten a competencia e tamén a responsabilidade de garantir que a sanidade galega conte co persoal que a cidadanía merece” e que é “o único modo de resolver esta situación dunha vez por todas”.