O BNG solicita a restitución no Estadio do Couto dos monumentos homenaxe a Lito e a C.D. Ourense retirados durante as obras de reforma así como a creación dun museo na honra ao club vermello

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Luís Seara aclara que “estamos diante dunha decisión que lle corresponde á Xunta, máis entendemos que o Concello, a través do CMD, ten que ter a capacidade de interpelar ao Goberno galego”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Consideramos que tanto Lito como C.D.Ourense forman parte da historia do fútbol ourensán, polo que urximos á Xunta a que restitúa os monumentos erixidos no seu día no Estadio do Couto”

Ourense, 08 de xuño de 2024. De entre todos os símbolos e elementos que facían e fan do Estadio do Couto un lugar moi especial, destaca, segundo sinalan desde o BNG, o monumento en homenaxe a José Manuel Vieira Ferreira “Lito”, quen perdeu a vida o 6 de agosto de 1985 tras pasar máis dunha semana en coma logo de recibir un golpe nun adestramento. “Xogador emblemático, que se gañou o cariño da afección”, como ben apunta o Portavoz municipal do BNG Luís Seara.

Seara recorda “a importancia dos símbolos para lembrar e recoñecer traxectorias ou acontecementos e para coñecer e divulgar a nosa historia. Nós consideramos que Lito forma parte da historia do fútbol ourensán polo que urximos á Xunta de Galiza a que restitúa o monumento erixido no seu día no Estadio, e se non pode ser nesa ubicación, que sexa noutra na que teña visibilidade”, e engade, “é unha cuestión de respecto a el, a súa familia e a afección”.

Desde o BNG tamén instan á restitución do monumento instalado, grazas ás aportacións de centos de siareiros, en homenaxe ao desaparecido C.D.Ourense e que se situaba no lateral dereito do acceso aos vestiarios. “Ao igual que co monumento de Lito, entendemos que por respecto á historia do club vermello e a toda a súa afección, o monumento, pagado ademais con aportacións populares, debe volver ao seu lugar”.

Museo de C.D.Ourense, SAD.

No BNG tamén insisten novamente na necesidade de que os trofeos de C.D.Ourense estean á disposición da veciñanza de Ourense pois, como sinala Luís Seara, “tamén son parte da historia da cidade”.

Xa en outubro de 2021, o Portavoz nacionalista na Deputación Bernardo Varela, solicitaba que dentro da reforma que se ía acometer no Estadio do Couto, “se teña en conta unha actuación para a posta en marcha dunha sala de trofeos, poñendo en valor este legado deportivo nun novo espazo expositivo onde os afeccionados poidan contemplar os trofeos e éxitos deportivos acadados ao longo de todos os anos de historia do Club Deportivo Ourense”.

A formación nacionalista pide levar adiante dita iniciativa e anuncian que así o promoverán “en todas as institucións implicadas”.