Xulio Dobarro Ferradás. Profesor xubilado e veciño do Irixo
“Dentro de la Maestreescolía [ de Orcellón] estaba al Norte la tierra de Cusanca. El topónimo de Cusanca es conocido de muy atrás. Cusanca “in Castella “, es una de las 30 villas que en 887 da en dote Sisnando a su esposa Ildoncia; por el “portus Cusanca” limita en 968 una villa donada por el diácono Nuño al monasterio de Antealtares; y el monte de Cusanca delimita asimismo el “comitatus Decensis de Lugo”. De la villa de Loureiro se dice en 1071 que estaba “inter Castella et Cusanca” aunque después en 1093y en 1184 la encontremos en tierra de Castela y en 1246 en tierra de Orcelllón. En 1212 otorga un cambio de bienes M. Martínez “commendator ex parte Sepulcro in burgo Ripi Avie et in Cusanca et in terra de Urzelón”. La villa y parroquia de San Juan de Froufe (Froufe) se sitúa en 1272 “in terra de cusanca”, cercana a la vila y parroquia de Santa Marina de Zoura (Zobra), ya “in terra de Decia” . En 1377 fray Pedro Rasel, canónigo prior de la Orden del Santo Sepulcro da en encomienda al conde don Pedro de Trastamara y de Lemos y de Sarria todos los bienes de la Orden “en terra de Orzellón e de Cusanca”. Es decir, la mención de la tierra de Cusanca corre paralela con la de Orcellón en los siglos XIII y XIV. Si Froufe estaba en tierra de Cusanca, a fortiori lo estaría la feligresía de San Cosme de Cusanca, y otras del alto Iirijo, como Campo, Dadín y Ciudad” .
(Emilio Duro Peña dixit: El Monasterio de San Pedro de Lobanes.)
Tal e como recolle a tradición oral que “É de ben nacidos ser agradecidos”; nada mellor que lembrarmos e agradecermos o traballo desenvolto polo noso veciño don Emilio Duro Peña, cóengo e arquiveiro que foi na catedral de Ourense, que, nesta ocasión,vén como “anel ao dedo” aproveitarmos as súas ensinanzas para condensar a mensaxe central desta crónica: a antigüidade da Terra de Cusanca e o seu patrimonio cultural.
Nesta liña de pescuda, e da que xa se ten dado incluso unha interpretación máis ampla desa terra de Cusanca, que podería incluír todo o que é o actual concello do Irixo, unha das referencias máis antigas é a que recolle o Parrochiale Suevum (572: Ver mapa anterior) sobre a distribución territorial das dioceses da Gallaecia, que no caso da ourensá a capiltal era Palla Aurea- Auriense, que se iría simplificando nos topónimos Auria-Auriense e segundo os lindes : “de Uliee super Asnois et inde ad montem Auto et exinde per illa serra usque in monte de Cusanca et hoc modo concludit monte de Dezon”.
A denominación Palla Aurea aínda aparece posteriormente en textos de 1185 :”totam Limiam que alio nomine Palla Aurea dicitur, ecclesis de Nouoa, et de Penna Corneira, ecclesias de Orzelon. Ecclesias de Cusanca, Castella…” .
Se, ademais, desa mesma data temos constancia que “monasterio ubicumque ex habuerit in Monterroso, in Camba, in Asma, in Lemos, in Decia et in Cusanca, in Salnes, et per totam Gallaecia”; ou que a saga dos eclesiásticos Cusanca : “cum igitur per fratrem Johannes de Cusanca, presbiterum, professum ordinis Fratrum Predicatorum conuentus Ripauiuiensis uestre diocesis, nobis fuerit humiliter supplicatum tu cum eo super” (1428), podemos chegar a compartir a opinión, aínda hoxe abondo estendida entre a veciñanza, de que o lugar-aldea actual de Cusanca contou cun pequeño convento -disque de ata catorce monxes-, ou, ao menos, desde alí serían transladados algúns dos sillares que despois contribuíron á construción da igrexa parroquial na actual Eirexe, e á capela de Segade, na que, á parte do baldaquino medieval (s. XV) -actualmente adaptado como altar- tamén presenta adosado á fachada principal unha escultura medieval que representa a Santiago pelegrín. Esta mesma semana, un retornado a Cusanca que pasou a maior parte da súa vida lonxe de aquí, pero que mantivo e restaurou a vivenda familiar aínda nos repetía a mesma versión dos antergos que falaban dese convento e que a pedra da igrexa tamén fora aproveitada polos veciños, ou que na contorna aínda se atoparan restos de enterramentos que corresponderían ao que era habitual, isto é, enterrar dentro do templo.
Este “óculo”, conservado nunha das paredes dun palleiro en Cusanca, podería ser unha pegada da antiga construción, igrexa ou convento. Ademais dalgún outro detalle visible in en piares e paredes das construcións actuais.
Sobre a estirpe d´Os Cusanca, o historiador José Hervella sinala:”Nados todos eles no pequeno “pobo” [sic] de Cusanca, freguesía de San Cosmede de Cusanca” . Con respecto a esta denominación podemos considerar pertinente unha precisión: Actualmente, ademais de terse simplificado o da identificación da parroquia de “San Cosmede e Damián de Cusanca” por “San Corme” -rotacismo abondo común-, quizais se deba a querer evitar a confusión entre o lugar -Cusanca- e a parroquia -Cusanca-, ou que o lugar de nacemento non fose exactamente “Cusanca” como se entende o núcleo actual, senón esa extensa “terra de Cusanca” á que se fixo mención,característica que tamén se podería aplicar a esta saga d´Os Cusanca ou a eses monxes que profesarían no “convento” do lugar.
Engade tamén algún dato biográfico sobre a traxectoria profesional do coñecido como Frei Alonso de Cusanca: Ingreso no convento de Santo Domingo de Ribadavia; prior no de San Martín de Toledo, e bispo de Ourense en 1420. Falece en 1430, sendo enterrado no convento de Ribadavia, en cuxa igrexa de Santo Domingo se conserva o seu escudo de Armas.
O irmán, Frei Juan de Cusanca, tivo unha presenza importante na Colexiata de San Isidro de León.
Son, ademais de sobriños do bispo, os arcediagos: Gonzalo de Cusanca e Martín de Cusanca, que foron sepultados na catedral de Ourense.
Hórreo en Cusanca do que non podemos confirmar a súa antigüidade, pero no que si se observa unha coidada construción a base de lousa que avanza xenerosamente en ambos frentes coma nos laterais para a protección dos balaústres e portas de castiñeiro, ademais da omnipresenza do granito dos piares e vigas nas “Sulleiras penas Pedrouzo”.
Ata a capela de Segade tamén puido ser transladada a imaxe de Santa María da Orde do século XVI, xa que por aquel entón o que foi abade da parroquia, Frei don Juan Bautista de Boullosa y Pazos, é vicario xeral e xuíz eclesiástico ordinario da Encomenda de Pazos de Arenteiro. -Non engadirei nada relevante que non sexa coñecido polos sempre amables lectores, se lembramos que a parroquia de Cusanca pertenceu historicamante á Orde do Santo Sepulcro, de san Xoán de Xerusalén e Encomenda de Pazos de Arenteiro, así como aqueloutras de : Parada, Reádigos e Dadín durante o Antigo Réxime-.
De feito, ese abade foi un benfeitor extraordinario para a parroquia ao mandar restaurar e ampliar a que era a igrexa parroquial, ademais de protexer as capelas do San Bertolameu de Segade, así como a do Santo Antón do Tellado en 1748 con portas novas e algunha que outra iniciativa como a de “dúas misas rezadas anuais e perpetuas, unha o día de San Xoán Bautista e outra o día de Santo Antón, e outras dúas cantadas, unha o día de Santo Antón e outra o día de San Francisco, todas ellas con catro cregos, que hipoteca sobre a casa rectoral que construiu á súa conta e sobre o prado da Tulla. E todo isto para aniversarios pola súa ánima” (Hervella).
Capela do Tellado na honra do Santo Antón. Ao seu carón, o día da feira, asentaban nos poios panadeiras, rosquilleiras, mercaderes de gran/cornocello, cacharreiro…retratista, e un amplo paseo para mostrarse persoas e exhibicións de andadura a cabalo…O que queda desa construción en segundo plano foi tenda de ferretería rexentada polo “Cantinero”, cuxo nome tomou da actividade desenvolta ás portas do túnel na cantina que rexentaba no lugar que hoxe se coñeco como O Baluarte.
Despois de termos percorrido este longo camiño de arredor 1500 anos, que ten a Cusanca como centro de interese; achegámonos á celebración do santo Antón deste día trece de xuño de 2024 do que se vén de iniciar a celebración sagrada coa novena na súa honra desde o pasado día cinco deste mes de san Xoán na capela do lugar do Tellado de Riba.
Debeu ser a comenzos do século XVIII cando se levou a cabo a construción da capela, aínda que a estrutura actual fainos pensar que foi ampliada, e recentemente restaurada.
Por outro lado, temos que poñer en relación a construción da capela co nacemento da feira no mesmo lugar. Así, a mediados dese século, en documentos reiteradamente citados, como por exemplo o Catastro de Ensenada (1753), se fai mención ao campo da Baiuca-Baúca, que, para entendérmonos actualmente sería a taberna xérmolo das case vinte que chegaron a existir no momento de esplendor da feira.
Interior da capela, o día cinco de xuño, cando deu comenzo a novena previa á xornada do día 13 que inclúe misa cantada e procesión ata o cruceiro que dá acceso ao que foi o espazo reservado para a feira do gando vacún.
Por outro lado, non debe ser coincidencia que se erguese nese lugar e sexa da advocación do Santo Antón (de Padua, na imaxe), porque aínda que este Santo Antón é maís protector das mozas casadeiras (San Antoniño bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole) e tamén das cousas extraviadas, en varias parroquias mestúrase co Santo Antón abade, protector dos porcos (Santo Antón lacoeiro) e por extensión de todos os animais, e sendo estes un dos motivos centrais da celebración das feiras. Así, foi frecuente que naqueles puntos nos que se deron en celebrar as feiras, tamén se erguese algunha capela que servía como reclamo dos xentís. Neste caso, como a parroquia dependía da encomenda de Pazos de Pazos de Arenteiro que herdara as posesións da orde de San Xoán de Xerusalén, polo tanto non civil, como fora o caso da de Orcellón do conde Monterrrei, con maís probabilidade se pode acreditar esa iniciativa e tamén así contar coa extensa superficie necesaria para poder levala a cabo, como así foi e, en parte, segue sendo hoxendía, aínda que só perduren as sombras das carballas centenarias ou lembranzas da feira-esmorga que foi nos tempos idos, todos os 2 e 17 de cada mes.
Hoxe toca falarmos do santo Antón. A feira xa foi obxecto de atención noutras ocasións, pero, non por isto deixarei de recoller unhas verbas do crego Anonio López Carballeira que en 1917, nunha visita a don Román García Nóvoa, déixanse caer pola feira e comenta que:”Uno de aquellos días llévonos nuestra curiosidad a ver la feria del Tellado, que se celebra bajo un robledal, situado en el centro del valle. Quisimos hacernos cargo del tipo predominante en el país, en aquella confluencia de gentes. Es tipo montañés genuino; la dureza de la montaña se refleja en la dureza de sus rasgos fisionómcos. En la vestimenta aun se conserva en una el antiguo dengue. Usan colores apagados e invernales. La raza se presenta depauperada por la pobreza del terreno y producciones. Una cosa llamó nuestra atención: los novios, en plena, feria, se acariciaban públicamente y se besaban al despedirse. Reina cierto paganismo en las relaciones de ambos sexos”
Se o ilustre visitante de don Román se escandalizara dalgúns comportamentos o día de “feira-esmorga”; pois, non queremos imaxinar a que se podía argallar co programa festivo que se preparara para o día da festa de hai oitenta anos.
O caso da parroquia de Cusanca non é moi diferente ao das demais, sobre todo no que toca ao Patrimonio cultural. Neste sentido, as verbas do que nacera en Froufe en 1919, don Emilio Duro Peña, foron proféticas, cando el as tiña ideado como inscrición nunha medalla para lamentar o estado de conservación do mosteiro de S. Pedro de Rocas (573), e que eu as fago miñas como síntese da situación actual do patrimonio local, o que el deixou para escribir en letras maíusculas:“situ admirabilis, antiquitate venerabilis, statu deplorabilis” .
Véxase senón a súa reitoral, os muíños que desde o alto de Segade chegan ata o linde no Tellado de Baixo; fornos , hórreos, palleiros, cortes sen portas, eiras, congostras, lugares arruinados (As Cales); outros pechados (O Foxo, A Fraga, A Filgueira…), carballeiras e soutos que sobreviven pola súa conta, e así unha listaxe interminable.
Arquitectura “inclinada”, “heroica” e tradicional no lugar do Pedrouzo, parroquia de Cusanca
Acceso a un dos lugares da parroquia de Cusanca
Xulio Dobarro Ferradás. Cusanca, oito de xuño de 2024.
Outros artigos de Xulio Dobarro
Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.
Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”
Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “
Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “
Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”
Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”
Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”
Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)
Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”
Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”
Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “
Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “
Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme
Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”
Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “
Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “
Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?
Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III
Xulio Dobarro: Escolma artesanal II
Xulio Dobarro: Outono de vida e morte
Xulio Dobarro: Escolma artesanal
Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”
Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “
Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”
Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro
Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)
O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria
A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )
O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu
O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado
O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II
O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I
O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “
O Irixo, escaparate centenario da emigración
O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)
O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).
O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)
O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)
O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono
O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”
Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”
O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”
Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor
O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”
O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)
O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )
O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )
O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela
O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro
O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)
O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)
O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote
O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”
O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”
O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira
O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda
O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ
O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues
O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo
O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa
Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958
Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago
Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo
Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)
Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo
De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.