O Arenteiro terminou coroándose campión de Copa Deputación de fútbol feminino logo de vencer na prórroga ao Rosalía por 3-2

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Arenteiro terminou coroándose campión de Cópaa Deputación de fútbol feminino logo de vencer na prórroga ao Rosalía por 3-2, despois do empate a dous no tempo regulamentario.

Apenas acababa de cumprirse o primeiro minuto cando as carballiñesas inauguraban o marcador. Saque de esquina lanzado por Expo que aproveitou María entrando ao segundo pau e cun disparo cruzado poñía o 1-0, cando algúns aínda se estaban acomodando nos seus asentos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Chegada á media hora, o Rosalía achegouse á área rival cun tiro de Noa Fermández que se marchou preto do poste dereito. Respondeu o Arenteiro cunha asistencia de Sara Verín e que finalizou Leti, atopando ben situada a Noa Domínguez.

Antes do descanso chegou o empate azulón, nunha acción que comezou cun disparo de Sabela, rexeitou Sara e que aproveitou Clau para marcar a porta baleira para un 1-1 que deixaba aberta a final.

O gol da igualdade deu ás na continuación ás mozas de Alberto Tamayo, pero nun desaxuste defensivo apareceu en escena Sara Verín para sorprender por completo á porteira cun potente disparo que situou o 2-1.

A pesar de recibir este segundo golpe, o Rosalía non baixou os brazos e puido volver empatar o encontro. Saída en falso da cérbera Sara que aproveita Clau cun remate que se estrela no poste dereito e acaba quedándolle nos pés a Noa Fernández para volver empatar a final cun tiro a porta baleira: 2-2.

Chegou a prórroga na cal o estado físico foi pasando aínda máis factura e onde o partido entrou nunha fase de moita tensión sendo un ida e volta case constante. No peche deses primeiros 15 minutos chegaría o tanto que lle daría a Copa ás carballiñesas.