Mónica Quintas Estévez asume a portavocía do PP en Vilar de Santos e comprométese “a facer unha oposición firme, leal e construtiva”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Tomou posesión da súa acta como concelleira no pleno municipal

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

· Manifesta o seu agradecemento ao Partido Popular, “tanto autonómico, como provincial, como dos compañeiros que me precederon neste cargo, como tamén dos representantes populares da comarca da Limia que me están a amosar o seu apoio. E, por suposto, aos veciños e veciñas de Vilar de Santos que depositaron en nós a súa confianza”

14, xuño, 2024. O Grupo Municipal do PP en Vilar de Santos conta con nova portavoz. Mónica Quintas Estévez tomou posesión da súa acta de concelleira no pleno municipal celebrado onte no Concello. Nacida en 1977, Quintas Estévez é técnica de raios x nunha clínica de traumatoloxía e a que mañá comeza é a súa primeira experiencia en política activa.

Mónica Quintas asume esta responsabilidade con ilusión: “esforzareime por estar á altura desa confianza que a veciñanza de Vilar de Santos depositou en nós”. Deste xeito, comprométese a facer “unha oposición firme, leal e construtiva e así poder contribuír a acadar melloras para o municipio, sendo o nexo de unión con outras administracións como son a Xunta ou a Deputación”.

A nova voceira de Vilar de Santos manifesta tamén seu agradecemento ao Partido Popular, “tanto autonómico, como provincial, como dos compañeiros que me precederon neste cargo, como tamén dos representantes populares da comarca da Limia que me están a amosar o seu apoio. E, por suposto, aos veciños e veciñas de Vilar de Santos que depositaron en nós a súa confianza”.

Por último, Mónica Quintas expresa o seu desexo para este mandato municipal: “que durante este tempo me sinta satisfeita de ter feito ben o meu traballo, sempre en beneficio do meu pobo e que os votantes sigan confiando no PP e poidamos darlle un cambio a Vilar de Santos”.