O Club Galego de Automóbiles Antigos organizou este pasado sábado o II Memorial a José Luis Blanco Nogueira, o que foi fundador e presidente deste club. Para o fillo do hemenaxeado, presente durante este día tan especial, é toda unha honra que se faga algo tan especial para manter vivo o seu legado.
A Ruta iniciouse no Carballiño, con exposición de vehículos na explanada da Veracruz. Nesta segunda edición fixeron unha ruta pola comarca do Orcellón, pasando primeiro por Dacón para logo volver e pecrorrer distintas paraxes de Boborás. Os coches que se puideron ver son todo un emblema.