En Cea: Convocatoria para a contratación de 1 auxiliar de axuda no fogar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO


Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal dun/unha auxiliar de axuda no fogar.
Unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación por concurso-oposición dun/unha auxiliar de axuda no fogar en réxime laboral temporal a xornada completa, para cubrir as vacacións do persoal do servizo de axuda no fogar, publícase o resumo da convocatoria para o coñecemento xeral e chamamento ao concurso.
1 Número de prazas: 1.
2 Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
3 Servizo: Servizo de Axuda no Fogar do Concello de San Cristovo de Cea.
4 Modalidade de contratación: contrato por circunstancias da produción, a tempo completo, 4 meses.
5 Sistema de selección: concurso-oposición.
6 Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 3 días hábiles seguintes ao de publicarse este anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de San Cristovo de Cea, situado na Praza Maior, 1, 32130 Cea, San Cristovo de Cea, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7 Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de San Cristovo de Cea

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO