Dende O Centro Sociocomunitario do Carballiño informan de que o vindeiro 21 de Xuño, ás 18:30 horas terá lugar a clausura de actividades anuais, no auditorio municipal do Carballiño, onde terán lugar exhibicións dalgunhas das modalidades das actividades impartidas no centro ó longo do curso.
Concretamente haberá mostras de pilates, bodybalance, teatro, baile, zumba , canto e pandereta e baile moderno. Esta clausura será presentada por Alba de Vales, actriz e contacontos da zona.