O Museo Etnográfico da Limia recibe este sábado 22 de xuño a campaña “Toponimízate”.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Museo Etnográfico da Limia recibe este sábado 22 de xuño a campaña “Toponimízate. Falámosche dos nomes da nosa terra”. A iniciativa, impulsada pola Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, pretende implicar a veciñanza dos diferentes concellos do país para avanzar na recolla e preservación da nosa microtoponimia. Galicia, a terra dos 30 000 lugares, ten na súa toponimia menor un dos seus máis grandes tesouros colectivos.

A campaña chega agora a Vilar de Santos en forma de palestra para animar, tanto no noso concello coma no conxunto da comarca, a persoas de todas as idades a contribuíren coas súas achegas a preservar tan prezado patrimonio colectivo. Para facilitar o proceso, contaremos coa axuda de Vicente Feijóo, coordinador do Seminario de Onomástica da RAG, que nos explicará como funciona a ferramenta colaborativa na que podemos compartir as devanditas contribucións, trátase de Galicia Nomeada. Feijóo falaranos, ademais, dos nomes dos lugares de Vilar de Santos e convidará os presentes a participaren e compartiren a súa sabedoría.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO