Ribeiro en Común pide que a Xunta retome e impulse o anteproxecto existente da nova escola infantil Galiña Azul de Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ribeiro en Común pide que a Xunta retome e impulse o anteproxecto existente da nova escola infantil Galiña Azul de Ribadavia, paralizada pola Xunta sen explicacións nin razóns.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Solicitamos que a Xunta lle garanta praza a todas as familias que queiran matricularse na Galiña Azul neste vindeiro curso 2024/2025, xa que nos consta a existencia de problemas de praza.
Así mesmo, solicitamos que a Xunta teña en consideración as reivindicacións das traballadoras do Consorcio Galego de Benestar, en concreto das traballadoras da Escola Infantil Galiña Azul de Ribadavia.Pedimos que se estableza o diálogo social coas traballadoras e traballadores do Consorcio.

Ribeiro en Común pretende con esta iniciativa seguir reclamando non só o que se aprobou fai 4 anos, senón que mesmo foi comprometido pola propia Xunta e mesmo incluído nos Orzamentos da Consellaría de Benestar.
O Concello de Ribadavia cumpriu coas súas obrigas: realizou a desafección e puxo a disposición da Xunta o novo edificio.
A Xunta sen embargo, aínda non explicou a causa que a levou a paralizar e non continuar con este proxecto que estaba en marcha.
Ribeiro en Común logrou o compromiso de compatibilizar nos edificios da Alameda o uso conxunto de Educación Infantil e Gardería, votando a favor da inversión para unha nova Gardería. Era decembro de 2020. Neste pleno, decembro de 2020, chegase mesmo a anunciar un investimento importante por parte dos orzamentos da Xunta para o edificio que ocupaba ata o ano pasado o Colexio de infantil.
Menos de un ano despois, en novembro de 2021 volveu aprobarse no Pleno, esta vez por unanimidade.A realidade é que a pesar desta petición unanime e reiterada do Pleno de Ribadavia, a Xunta continúa a bloquear o seu avance.O resultado é que no curso actual 2024/2025 está habendo problemas de matriculas e familias que se poden quedar sen praza, á espera de que se lle poida dar unha solución concreta, a realidade é que Ribadavia como capital comarcal necesita e merece unha infraestrutura mellor.

Por todo o anterior, facemos a seguinte PROPOSTA PARA A SÚA APROBACIÓN:    1. O Concello de Ribadavia solicita que a Xunta lle garanta praza a todas as familias que queiran matricularse no servizo de escola infantil Galiña Azul neste vindeiro curso 2024/25.    2. O Concello de Ribadavia solicita que a Xunta recupere e impulse o anteproxecto presentado para a nova Galiña Azul no edificio do antigo Colexio da Alameda.    3. O Concello de Ribadavia solicita que a Xunta teña en consideración as reivindicacións das traballadoras do Consorcio Galego de Benestar, e en concreto a das traballadoras da ESCOLA INFANTIL GALIÑA AZUL DE RIBADAVIA.