O salón de actos da Casa da Cultura recibe o nome de Xosé Luis Reza Cabano

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A corporación do concello do Carballiño aprobou recentemente  por unanimidade conceder o nomeamento de Xosé luís Reza Cabano, proposta iniciada polo Orfeón do Carballiño. Por este motivo, tanto o Concello como a propia coral, decidiron realizar un acto de homenaxe.

Don Xosé Luís Reza Cabano comezou dende moi cativo no mundo da música, logo de formarse, comezou a súa actividade profesional como mestre de música, profesión que compaxinou coa tarefa de director de varias corais de Galicia. Tamén tivo moita relevancia a súa labor como compositor, tanto pola súa extensión como pola súa calidade. Recentemente, foi editado un libro que recolle as pezas de música compostas polo homenaxeado e que foi moi ben acollido no mundo da música galega.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O acto, no que o Orfeón do Carballiño recitou varias pezas ha súa honra, rematou co descubrimento dunha placa que da o seu nome ao salón de actos da Casa da Cultura do Carballiño. O homenaxeado estivo acompañado pola súa familia nun acto que para eles foi moi emotivo.