“Outros países, outras músicas” enche de melodía o templo da Veracruz

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un ano máis volveu o festival “Outros países, outras músicas”. Este evento, organizado polo Coro de Cámara Música Viva do Carballiño, tivo lugar este pasado sábado na igrexa da Veracruz, un marco incomparable para un evento que conta xa con tradición e esforzo e tamén renome. Este festival naceu pensando en que a música debe chegar a todos os ocos do mundo. Por iso aquí puidéronse escoitar cancións non escoitadas nunca no Carballiño.

Este ano contou coa presenza da Coral A Torre de Maside, O Coro feminino de Voces San Simón de Cacheira de Teo e para rematar o concerto actuou o coro organizador. Como mencionaba o director do Coro de Cámara Música Viva, este ano, a novidade foi contar cun coro de voces femininas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO