Óscar Paniagua ofrecerá este vindeiro xoves un recital de piano no auditorio Manuel María

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
O carballiñés Óscar Paniagua ofrecerá este vindeiro xoves un recital de piano no auditorio Manuel María. Este evento será ás 20:00 horas e ofrecerá un amplo repertorio de obras de Liszt, Chopin, Beethoven, Granados ou Albéniz.
Este concerto será a antesala da presentación do seu recital fin de carreira. A súa traxectoria formativa é todo un éxito, acadando en 2020 o primeiro posto a nivel galego para o acceso aos estudos superiores de piano. Agora xa en Italia ven de colleitar mencións nacionais e internacionais.
O músico e profesor do conservatorio Alfonso Medela quixo felicitar o traballo deste alumno e poñer en valor o labor que se fai día a día no conservatorio. Tamén a concelleira destacou o orgullo e a posta en valor do traballo que hai detrás dos seus éxitos.