Ribeiro en Común rexeita a subida dos prezos aos usuarios dos Servizos sociais por parte do goberno local.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A maioría absoluta do PP impón a subida dos prezos públicos aos usuarios do Servizo de axuda no Fogar (Saf) e de Xantar na Casa.
 Resumo do Pleno Ordinario do mes xuño de 2024.
O grupo municipal Ribeiro en Común logrou aprobar co apoio de todos os grupos unha Moción para a Galiña Azul de Ribadavia con tres acordos:
1. Que a Xunta lle garanta praza a todas as familias que queiran matricularse no servizo de escola infantil neste vindeiro curso 2024/25, xa que nos constan problemas coas prazas ofertadas.2. Solicitar que a Xunta recupere e impulse o anteproxecto presentado para a nova Galiña Azul no edificio do antigo Colexio da Alameda.   3. Solicitar que a Xunta teña en consideración as reivindicacións das traballadoras do Consorcio Galego de Benestar, e en concreto a das traballadoras da ESCOLA INFANTIL GALIÑA AZUL DE RIBADAVIA.    
– Así mesmo, diante das subidas de taxas en servizos sociais e no servizo municipal da auga e sanemanento, o noso grupo defendeu a seguinte posición:
Opuxémonos as subidas das taxas que o goberno local, coa súa maioría absoluta, ven de aprobar:
1. Subida das taxas polo servizo municipal de auga.
2. Usuarios dos servizos sociais, no servizo de Axuda no Fogar e no servizo de Xantar na Casa.

– Non podemos admitir que no momento que vivimos de encarecemento do custe da vida, e coa situación social que viven fundamentalmente os veciños e veciñas que son usuarias do servizo de axuda no fogar e do servizo de xantar na casa, o goberno local decida impoñer unha subida dos prezos públicos deste servizo.
– Poderíase subir varias das taxas municipais, pero desde o noso punto de vista non se debería subir os dos servizos sociais.
– Respecto a subida das taxas do servizo municipal de Auga, parécenos un despropósito subir unha taxa deste servizo sen antes realizar as melloras urxentes ten o servizo que lle oferta aos veciños, como quedou cruamente demostrado na crise vivida do verán 2022, sen que se fixeran ningunha mellora.Seguimos recordando que a Xunta a través do ente coa competencia na materia, Augas de Galicia, continúa vetando investimentos urxentes na rede de abastecemento e saneamento de Ribadavia.
Pola nosa parte continuaremos a defender o mesmo ca sempre, sexa nun lado ou noutro, sempre en favor dos veciños e veciñas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO