“O castigo suma e segue para os sufridos veciños da rúa Ourense e para o resto de carballiñeses que empregamos ese vial a diario, sendo como é un dos eixes fundamentais de entrada e saída do casco urbán.
Despois de anos aturando un estado calamitoso de beirarrúas, iluminación e pavimento, ademáis dun abandono total de calquer tipo de limpeza, hai uns meses comezaron as tan demandadas obras de adecentamento deste importante enclave.
Pero agora, atopámonos coa desagradable sorpresa de que estas avanzan a paso de tartaruga e as zanxas, as vallas, as pasarelas de acceso e demáis elementos construtivos xa forman parte fixa da paisaxe.
Hai días nos que incluso as obras están totalmente paradas sen que se mova unha soa pedra.
Xa son moitos os afectados da zona que se dirixiron a Espazo Común para manifestar o seu enfado pola parsimonia coa que se está a executar.
E é lóxico pois as molestias exténdese no tempo de xeito innecesario.
Preguntado o alcalde a este respecto, o que fixo foi encollerse de ombreiros e aducir que a empresa ten un ano para rematar a obra.
Nova chapuza de Fumega da que son os veciños os que pagan as consecuencias.
Dende o noso grupo, demandamos celeridade nas obras e que se aproveite o bo tempo para rematalas e facer xustiza así cunha rúa que non merece máis castigos”.