O concello de Leiro acolleu esta mañá a presentación da 40ª edición da súa carreira popular, que se celebrará o domingo día 7 de xullo. Un evento que atraerá a preto de 2.000 persoas entre deportistas e acompañantes. Toda unha honra para a súa organización chegar ata aquí.
A carreira será a partir das 10:00 horas, dende a zona do Salgueiral. Está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo. Os premios serán entregados a partir das 12:00 horas para todas as categorías, entre as seis participantes. Todos os que queiran aínda poden inscribirse e sumarse aos máis de 300 xa anotados.
Para as administracións colaboradoras é un evento xa senlleiro e que alcance este número de edicións é unha claro indicativo do bo facer. Seguirán apostando por seguir sumando anos.