A 8ª Andaina do Pan de Cea será a favor da Asociación Galega de Celíacos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este vindeiro domingo con saída e chegada na Praza Maior de Cea, celébrase a 8ª edición da andaina do Pan de Cea, un evento xa consolidado, e que conta cun gran número de adeptos.

Coma sempre, esta será a antesala dunha fin de semana de festa, a próxima, adicada ao seu produto típico.  Este ano, unha parte da inscrición irá destinada a ACEGA, Asociación de Celíacos de Galicia. Un motivo máis para participar deste evento saudable e que nos achegará a fermosos recunchos deste concello.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Haberá dous percorridos, un de 10 quilómetros e outro de 20 quilómetros, avituallamentos e agasallos. Todos os participantes, entre outros produtos, probarán e degustarán o Pan de Cea con pichos ao final.