O delegado territorial da Xunta visita os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía, dentro  da rolda de encontros institucionais que está a manter trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nos encontros de traballo mantidos cos alcaldes dos respectivos concellos, Manuel Fernández e José Luis Gavilanes; repasaron asuntos de interese mutuo para as dúas administracións.  Para o Manuel Pardo é fundamental que os alcaldes nos transmitan as necesidades dos seus concellos, polo tanto, a Delegación Territorial está permanentemente aberta para o que precisen, xa que traballar con eles é ofrecer solucións ás necesidades dos seus veciños e veciñas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO