O Depor Campus Terras de Maside pecha unha nova edición de fútbol e diversión

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Depor Campus Terras de Maside comezou o pasado luns e rematou esta mañá ca xornada de despedida, con agasallos para os máis pequenos. Nestas xornadas de deporte, os nenos recibiron unha nova equipación e desfrutaron do fútbol, aprendendo e divertíndose ó mesmo tempo.

Noutras ocasións este campus xa foi un éxito de participación, e neste caso limitaron o aforo a 50 persoas para ofrecer un servizo de calidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén, dende a Escola Deportiva Terras de Maside, recordan que o prazo de matrícula para a vindeira tempada aínda está aberto, para todos aqueles que queiran inscribirse. Outro proxecto desta organización que tamén está logrando récord de participación cada ano.