O concello de Ribadavia participa na asamblea anual da red de juderías “Caminos de Sefarad”, celebrada esta semana en Plasencia.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Neste contexto asinouse un acordo histórico de colaboración entre as redes de juderías de España e Portugal para impulsar e estreitar os vínculos culturais e emocionais existentes entre ambos países.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia, 28 de xuño de 2024.- A cidade de Plasencia, que neste ano 2024 preside a Red de Juderías de España “Caminos de Sefarad”, foi a sede do acto de sinatura dun histórico acordo de colaboración entre as redes de juderías de España e Portugal. O acto, que se celebrou no palacio de Mirabel, contou coa presenza do Alcalde de Ribadavia, César Fernández, e a concelleira de cultura e enoturismo, Yolanda Gómez, que se achegaron a Plasencia para participar tamén na Asamblea xeral da Red de Juderías “Caminos de Sefarad”, rede da que Ribadavia forma parte.

O acordo asinado entre as redes de xuderías de España e Portugal, ten unha duración de catro anos prorrogables, contempla o compromiso de ambas institucións de celebrar unha reunión institucional, a lo menos, unha vez ao ano. Estes encontros servirán para desenvolver un programa de actividades comúns coas que promover un maior coñecemento do patrimonio xudeu das cidades integrantes de ambas redes, tanto en ámbitos institucionais europeos e internacionais como, particularmente, en contextos onde existan comunidades xudías interesadas en conectar coas súas orixes sefardís.

Ademais da sinatura do acordo entre ambas redes, Plasencia acolleu tamén a asamblea xeral da Red de Juderías “Caminos de Sefarad”. O alcalde de Ribadavia aproveitou a presenza na asamblea para recordar a importancia que para Ribadavia ten a pertenza a Red de Juderías como elemento de dinamización turística, ademais, César Fernández ratificou o firme compromiso do goberno municipal coa súa participación activa na rede e nas diferentes actividades que se programarán ao longo deste ano 2024. O alcalde de Ribadavia aproveitou tamén a súa presenza na asamblea para estreitar lazos e abrir vías de colaboración con cidades como Plasencia, Hervás, Cáceres, Barcelona, Córdoba, Tui, Monforte de Lemos, Sagunto, Tudela, Béjar e Lorca.