Apertura da Oficina Municipal de Turismo na tempada estival de martes a domingo en horario de 11,00 a 14,00 h e de 17,00 a 20,00 h.
✔️Os xoves oferta unha visita guiada ao templo da Veracruz en horario de 10,15 a 11,00 h, previa reserva gratuita na propia oficina de Turismo.
O Museo Etnográfico do Arenteiro tamén permanecerá aberto de mércores a luns en horario de 11,00 a 20,00 h.
Debido ás actuacións contempladas no Plan de Sostibilidade Turística, os bungalows permanecerán pechados este verán.