O Espiñedo recibe a Raúl Jardiel e ao seu equipo técnico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Raúl Jardiel, o novo adestrador do Club Deportivo Arenteiro, foi presentado onte pola directiva. Natural de Zaragoza, asina por unha tempada, ata o 30 de xuño de 2025.

Trátase dun adestrador xoven, formado no Real Zaragoza, onde chegou a ser o segundo de César Laínez en Segunda División. Ven procedente do Teruel acompañado de Pablo Roldán, o seu segundo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Jardiel puxo en valor o percorrido do Arenteiro nos últimos anos con todos os logros conseguidos. O seu reto: seguir o camiño que se iniciou aquí fai varios anos, sen pausa. Raúl e Alex Vázquez traballan xa para conformar un equipo a medida, sabendo que haberá máis baixas nos próximos días.

Trouxo boas recomendacións, no deportivo pero tamén no persoal, e xa está preparado para esta nova aventura. As portas de Espiñedo e do Carballiño xa están abertas para este novo Arenteiro.