A Ruta dos Fornos de San Cristovo de Cea volve este próximo sábado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de San Cristovo de Cea xa ten todo preparado para un dos eventos gastronómicos máis importante. A Ruta dos Fornos celebrarase o día 6 de xullo con sete antigos fornos de Pan de Cea como escenario desta experiencia singular que converte a Vila de Cea en punto de encontro para a degustación de viños e petiscos con produtos galegos de calidade certificada.

Como non, haberá tamén ambientación musical. Desde O Porriño chega a Agrupación Musical San Xurxo de Mosende, Os Teimosos de Villasobroso chegan desde Mondariz, desde Castrelo de Val chega Candaira, Os Amigos do Acordeón Terras de Celanovae Pablo Estévez fará maxia! Animación na rúa con maxia ambulante

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os tickets estarán á venda a 10 euros, ata o venres día 5 de xullo.

O funcionamento da Ruta dos Fornos será igual que en anos anteriores. A partir das 16:30 horas, stand na Praza Maior para o cambio de tickets por pulseira + vaso. Desde as 18:30 apertura dos fornos ata as 22:30.