Special Olympics Galicia celebrou no Carballiño a súa xornada de festa e reivindicación. O Parque Municipal foi o punto de encontro para esta gran festa na que se deron cita un total de 18 entidades das catro provincias con máis de 700 participantes entre persoas con discapacidade intelectual, familias, técnicos, voluntarios, organización e autoridades.
Todas elas gozaron dunha intensa programación na que, ademais do tradicional xantar, houbo actividades de ocio, animación musical e os tamén habituais concurso de doce e campionato de xogos de mesa que estenderon a xornada festiva ata ben avanzada a tarde.
Un completo día de celebración, que permitiu compartir experiencias e fortalecer lazos entre os asistentes, pero tamén un espazo para a reivindicación.