A Asociación de funcionarios para a Normalización Lingüistica fai unha proposta sobre os novos nichos no cemiterio de Lousada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nunha carta dirixida ao conselleiro A Asociación de funcionarios para a Normalización Lingüistica fai a proposta sobre as lápidas dos novos nichos no cemiterio de Lousada

Estimado Conselleiro:
A edición do xornal El Progreso correspondente ao pasado sábado día 29, publica un titular que chamou a nosa atención “Cultura reorganizará o cemiterio de Lousada”. A actuación, afirma a crónica, permitirá mellorar a imaxe do templo samoense. Segundo o xornal a Consellería destinará 157.943 euros, dedicadas á reorganizar o cemiterio de maneira que quede despexado o tempo.
Este proxecto recórdanos outra intervención da Consellería de hai anos na igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, unha igrexa do século XII ameazada polas filtracións de augas dos sartegos do adro que circundaban o templo.
Agora, en Lousada, o problema que presenta o escenario é o mesmo “A disposición das sepulturas, diante da igrexa, converte o adro nun espazo dificilmente transitable, por iso cómpre inutilizar estas tumbas” . Un problema de vello, moi extendido en Galicia, cando os adros cumprían a función de camposantos, despois doutra época anterior onde os enterramentos facíanse dentro da igrexa coas negativas consecuencias para
a construción e salubridade, problema este último que pervive. A Lei de Cemiterios de Galicia advertíu ás comunidades parroquiais sobre a conveniencia de trasladas estes espazos fóra do núcleo da parroquia. Mais como a antropoloxia cultural da morte en Galicia está tan arraizada a resposta das comunidades parroquiais
converteuse nun aquel de insubmisión: os mortos querémovolos todos os días.
Esta demanda foi atendida polo equipo técnico da delegación luguesa da Dirección Xeral do Patrimonio, que reubicou os restos extraídos da terra dándolles acubillo na construción duns novos níchos ao pé da igrexa.
O acerto daqueles arquitectos fora moi acertada. Coñecemos como se xestionou o proceso, porque sabendo aqueles profesionais do interese da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística por restaurar a memoria cultural dos devanceiros que ali moran no seu sono eterno, decidiron que os novos ocos fosen tapiados con lápidas escritas en lingua galega, idioma que en vida falaron todas e todos eles.
Despois de termos novas destas obras no cemiterio de Lousada, dirixímonos a vostede para que unha vez resituados os restos de todos os defuntos, se aproveite a ocasión para identificalos con lápidas escritas en galego e, se for do caso, coa colaboración dos familiares, con elaborados epitafios alusivos ás súas biografías, nas que non faltarán referencias á actividade laboral, maioritariamente labrega. Os cemiterios que se
prezan de seren espazos da memoria que vemos por Europa salientan pola orixinalidade dos seus epitafios; unha maneira de personalizar un cemiterio dunha comunidade que ten unha lingua e cultura de seu, na que cantaron, amaron e exerceron algunha profesión artística como a canteiría con toda probabilidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Velaí, xa que logo, señor Conselleiro a nosa proposta:
a) galeguizar as lápidas dos novos nichos
b) procurar que a imaxinación arriqueza ese ámbito funerario con epitafios acaídos, froito da colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio e as familias. A igrexa parroquia de Santa María a Nova de Noia ten un museo de laudas medievais con gravuras de pictogramas alusivas ás profesións dos alí soterrados. A Consellería ten a posibilidade de retomar a tarefa de crear un patrimonio cultural que informe sobre a historia de Lousada combinado coa historia e arte.
Velaí queda a nosa proposta que esperamos acepte con agrado; Esperando a súa resposta poñémonos a súa disposición para calquera dúbida que se lle presente.
Sen máis reciba un cordial saúdo.