A atención primaria ourensá continúa no verán con programación de saúde comunitaria

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

11.656 ourensáns e ourensás de todas as idades participaron, no primeiro semestre de 2024, nalgunha das cerca de 632 intervencións de saúde comunitaria organizadas polo persoal de atención primaria, para mellorar e manter a saúde, fomentar a prevención ou coidado da enfermidade nos barrios, concellos, colexios ou colectivos de pacientes de cada centro de saúde.

Este altísimo volume de intervencións levadas a cabo por máis de cen profesionais (enfermeiras, médicos, especialistas en enfermaría familiar e comunitaria, enfermeiras especialistas en pediatría e saúde mental, matronas, fisioterapeutas, hixienistas dentais, traballadoras sociais, nutricionistas, residentes, PSX, farmacéuticos, odontólogos, técnicos de raios…coa colaboración de alumnos de enfermería e outros profesionais como técnicos de emerxencias sanitarias) converten aos profesionais de Ourense en referentes nesta liña de traballo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estas iniciativas non deixan de crecer refrendadas polos resultados en saúde, e pola propia satisfacción de participar de pacientes e profesionais, que procuran o tempo para saír do centro de saúde e traballar coa comunidade. Esta actividade comunitaria non se detén durante o verano e así esta semana están programadas cinco novas actividades impartidas por toda a provincia con diferente temática desde a nutrición e a seguridade alimentaria, consellos fronte a calor ou primeiros auxilios.

Así hoxe luns haberá, na Casa do Concello de O Irixo, un obradoiro de seguridade alimentaria e coidados fronte a calor impartido pola enfermeira e anutricionista do Centro de Saúde de O Carballiño dirixido aos veciños da comarca. Os vindeiros días desta semana terán lugar outros catro obradoiros en A Valenzá, Seixalvo e Verea con temáticas variadas desde a importancia da alimentación para a prevención vascular, o documento de instruccións previas ou primeiros auxilios.

Ademais durante os meses de verán o persoal sanitario de atención primaria ten programados varios obradoiros destinados á poboación en xeral sobre como protexerse fronte ao sol, como actuar fronte aos afogamentos, como evitar as intoxicacións alimentarias ou como actuar nos atragoamentos ou nas situacións de risco máis frecuentes no verán.

Novo Coordinador de Actividades Comunitarias
Desde principios deste mes de xullo estas actividades están a ser coordinadas polo enfermeiro Cristian Vispo López xunto a Verónica Civeira, nomeada recentemente Subdirectora de Enfermaría de Atención Primaria.

Cristian Vispo López acadou en 2012 a Diplomatura en Enfermaría na Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense, adscrita á Universidade de Vigo, e posúe unha extensa formación postgrao cun master en atención sanitaria, xestión e coidados da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de titulación de experto en Dirección e Xestión de Servizos de Saúde e tamén na Xestión de Recursos Humanos.

A súa experiencia laboral estivo sempre vencellada dende o 2014 á atención primaria ourensá traballando en diferentes centros de saúde da provincia, así como na área de pediatría e nos distintos puntos de atención continuada (PACs) da nosa área sanitaria. Ademais traballou como enfermeiro en varias unidades de hospitalización do CHUO.

Cristian Vispo que será tamén o responsable da área de cronicidade da área sanitaria ourensá, considera que “a prevención e a promoción son piares básicos do noso sistema sanitario, empoderar os pacientes, facelos corresponsables das decisións que afectan á súa saúde, traballar ca comunidade, saír das catro paredes dos centros de saúde é, unha necesidade prioritaria”.

Resalta que desde os centros de saúde da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, “levase traballando anos en esta dirección, traballo que se veu reforzado ca elaboración dos plans de saúde local xa implantados en varios servizos da nosa área sanitaria e sobre todo coa posta en marcha da estratexia de saúde comunitaria galega”.

Estratexia Galega de Saúde Comunitaria
A aprobación da estratexia galega de saúde comunitaria no pasado xuño do 2023, co fin de reforzar as accións de promoción da saúde dende atención primaria contemplaba a creación dunha rede de referentes co fin de reforzar a estrutura organizativa da saúde comunitaria.

A nova subdirectora de Enfermaría de Atención Primaria, Verónica Civeira, desenvolve o labor de coordinadora e referente de Área xunto a outros dezanove profesionais de enfermaría como referentes de saúde comunitaria dos diferentes servizos de atención primaria da nosa área sanitaria.

Ademais de potenciar os proxectos de promoción da saúde, a estratexia galega está a promover a docencia e a investigación en atención primaria na saúde comunitaria, por parte dos profesionais de atención primaria e, especialmente, do persoal residente en formación. Estase a elaborar un protocolo para “prescrición” de activos comunitarios, a elaboración do programa galego de saúde escolar e o programa galego de prevención da fraxilidade.