Boborás volveu a recuperar a Feira de Feás, que alcanzou este ano a súa quinta edición. No ano 2018, dende o concello tomábase a decisión de volver a poñela en marcha, como recuperación das antigas tradicións, unha decisión moi ben acollida, tanto polos visitantes como polos artesáns.
Este pasado domingo, encheu o campo da feira de música tradicional, postos de artesanía e mercado de produtos e alimentos autóctonos, e xogos para nenos, entre outras actividades. Os antigos oficios ensinaron en directo como se elaboran os seus produtos e realizaron obradoiros para os asistentes. Tamén houbo un xantar popular, a base de empanada, pulpo, churrasco e postes.