Máis dun cento de veciños preparan a recreación de “1809. A Batalla”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Máis dun cento de veciños de Boborás e participantes procedentes de localidades de toda España recrearán esta fin de semana un dos acontecementos máis singulares da historia da provincia: a batalla de 1809, que enfrontou aos galegos liderados polo capitán Cachamuíña contra as tropas francesas de Napoleón. 

Está organizada pola Asociación Cultural A Batalla 1809, e na que os veciños de Boborás convidan aos visitantes a unha viaxe no tempo para coñecer durante dous días -sábado 13 e domingo 14 de xullo- en Pazos de Arenteiro os costumes, a gastronomía e o modo de vida daquela época. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O programa de actividades da quinta edición da festa “1809 A Batalla” inclúe visitas guiadas ao campamento francés e a Pazos de Arenteiro, música tradicional, concertos, exhibición de esgrima histórica e de xogos populares, gastronomía ou actividades infantís.