Este verán a Axencia de Doazón de Sangue precisa de todos os doantes. Non importa cal sexa o grupo sanguíneo, nesta época do ano todos son necesarios.
Se podes ir doar, espérante nos puntos fixos de doazón e nas unidades móbiles que percorren Galicia de luns a sábado.
Para doar sangue no verán, recomendan hidratación xa que axuda a manter o volume san[1]guíneo e facilita a extracción de sangue; non te expoñas moito ao sol xa que el calor pode diminuír a túa tensión arterial; espera 2 horas despois do almorzo.
Nunha intervención cirúrxica pódense utilizar 2 unidades de sangue. Nun transplante hepático pódese chegar a necesitar o sangue que doan entre 20 e 40 persoas. A túa doazón de sangue pode salvar ata 3 vidas!