No día de onte finalizou a formación de competencia oral en galego e a entrega de diplomas dos alumnos e alumnas que participaron nel. Aproveitouse para a entrega dos diplomas da formación de competencia oral en castelán o cal rematou a semana pasada. A participación foi un éxito xa que as dúas formacións completaron as prazas. Ambos cursos pertencen o programa de promoción da participación social dirixidos a persoas inmigrantes “SOMOS MIGRACIÓNS”.
O Concello do Carballiño segue a apostar pola formación de cara a inserción sociolaboral e xa está a planificar outros cursos de cara ao outono