O grupo municipal socialista amosa o seu apoio ao movemento ‘free lusquiños’ e reitera a súa petición de que se reabra un espazo fundamental para a mocidade e a cultura ourensá

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Trátase dunhas instalacións ás que lle temos especial aprezo, non o podemos
negar, e que supoñían unha oportunidade para a xuventude da cidade que
atopaba entre as súas paredes un lugar para o ocio e a formación”, afirma a
voceira do PSdeG no Concello, Natalia González Benéitez
A tamén secretaria xeral do partido na cidade e a edil Alba Iglesias –así como
integrantes de Xuventudes Socialistas– mantiveron un encontro coa mocidade do
movemento Free Lusquiños que vén reclamando a reapertura do edificio
Ourense, 12 de xullo de 2024. O grupo municipal socialista lamenta a actitude do goberno de Democracia Orensana ante o abandono no que ten sumido o Espazo Lusquiños dende hai máis dun ano e medio. “Trátase dunhas instalacións ás que lle temos especial aprezo, non o podemos negar, e que supoñían unha oportunidade para a xuventude da cidade que atopaba entre as súas paredes un lugar para o ocio e a formación”, afirma a voceira do PSdeG no Concello, Natalia González Benéitez.
Esta mañá, a portavoz do grupo na Corporación e secretaria xeral do partido na cidade e a edil Alba Iglesias –así como integrantes de Xuventudes Socialistas– mantiveron un encontro coa mocidade do movemento Free Lusquiños que vén reclamando a reapertura do edificio para que os grupos de música teñan onde ensaiar. Neste senso, aproveitaron para trasladarlles o seu apoio e disposición para todo o que precisen, así como agradecer o labor que están a facer exercendo de revulsivo da sociedade.
“A aposta de Jácome e o seu equipo pola xuventude é nula. Temos solicitado en múltiples
ocasións que se convoque o Consello da Xuventude e que se escoiten as necesidades,
demandas e ideas da xente nova mais con escaso éxito. Tampouco se ofertan máis que
orquestras e a carteira municipal correspondente carece de actividade. Non entenden que a mocidade ten máis inquedanzas que as charangas”, explica a portavoz facendo balance dos últimos anos.