Esta vindeira semana temos no barrio de Flores do Carballiño unha nova edición de Flores de cine, que serán os días 16, 17 e 18 de xullo en horario de 22:30 horas. Este ano temos tres magníficas películas, dúas delas de recente estrea e outra unha obra mestra de Aki Kaurismaki. Empezarán mañá martes día 16 coa película francesa Passages, dirixida en 2023 por Ira Sachs.
Durante o seu último día de rodaxe en París, o director de cine Tomas dorme con Agathe, unha moza que coñece nunha discoteca. Cando Tomás dille con orgullo ao seu marido Martín, xorde entre os tres unha relación apaixonada marcada pola paixón, os celos e o narcisismo.