O espazo natural da Ínsua dos Poetas será escenario este sábado día 20 de xullo da 16ª edición da “Festa da Palabra”. O evento, que dará comezo a partir das 11:30 horas estará dedicado a Xosé Luís Méndez Ferrín. O programa inclúe a entrega de premios, o descubrimento da escultura Espiral e un xantar de irmandade.
Os premiados nesta ocasión serán:
- Modalidade Creación Literaria: Xosé Luís Méndez Ferrín ( Ourense. 1938).
- Modalidade Artes Plásticas: Mercedes Gallego Esperanza ( Ourense,1952).
- Modalidade Música: Lucía Pérez ( O Incio, 1985).
- Modalidade Promoción da cultura galega na Comarca: Agrupación Cultural Avantar ( O Carballiño, 1974).
- Modalidade Cultura galega na Emigración: Alberto López Barros ( Buenos Aires, 1971).
- Modalidade Acción Social: Federación Autismo-Galicia ( Santiago de Compostela, 1995).
- Modalidade Comunicación: Badal Novas S.L ( O Carballiño, 2019).
Todos os premiados recibirán unha peza orixinal do escultor Acisclo Manzano. Amenizarán este acto literario o Grupo Os Bregadiers, de Parada do Sil e os gaiteiros Queixumes dos Pinos, de Ourense.