O concello efecturá as obras para a eliminación do gas radón no conservatorio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño abordará as obras para a eliminación do gas radón no edificio do conservatorio. Despois de varios meses de elaboración do proxecto, xa comezou o traslado dos instrumentos ás instalacións do IES nº1, que acollerán aos alumnos mentres estén en marcha as obras. Dende a área de educación piden disculpas polo trastorno que poida ocasionar, tratando de buscar unha solución para manter as clases activas.

A idea inicial partía de substituír toda a planta do conservatorio por unha cámara ventilada a modo de encofrado que se instala no soto ou na planta baixa dos edificios, con illamento para evitar que suba o gas radón. Esperan que poida realizarse na maior brevidade posible.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO