Espazo Común explica o seu abandono da sesión plenaria no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común abandonou a sesión plenaria do Carballiño apenas acababa de comezar. Este era o primeiro pleno deste novo escenario político co pacto entre o PSOE e o PP. Espazo Común iniciou a sesion pedindo explicacións de como estaba a situación dentro do PSOE en referencia ao rexeitamento do pacto por parte dos representantes galegos. A través do seguinte comunicado explicaron o motivo do seu abandono da sesión:

“Espazo Común abandounou o pleno da corporación carballiñesa despois de exixirlle ao alcalde Fumega aclarara se conta co apoio dos seu partido para o pacto co PP porque no caso de non ser así estamos ante un claro caso de transfuguismo e corrupción política.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O rexedor tentou impedir que Pachi Vázquez poidera expresar as súas preguntas sobre a legalidade do pacto PP-PSOE e non foi capaz de respostar ao caso a ningunha das cuestións prantexadas:

Quén goberna O Carballiño? Regaloulle Fumega o poder ao PP a cambio de dous anos de cotización para a súa xubilación?

Segundo os estatutos do PsdeG e a súa Comisión Executiva que non avala o acordo estamos ante un claro caso de transfuguismo polo que a situación legal do goberno é moi dubidosa.

Son cousas que os veciños merecen saber. O contrario e faltar ao respecto á cidadanía.

Ante este esperpento, os cinco membros de Espazo Común abandoaron o Salón de Plenos a xeito de protesta pola falla de respecto cara aos veciños e cara á propia institución.

Espazo Común non vai ser cómplice deste caso de transfuguismo, engano e corrupción”.