Continua a intensa programación cultural de verán co grupo Collage, dentro do festival de música Feito no Carballiño. A formación que se define como “un grupo de amigos aos que move o interese pola música”. O repertorio inclúe versións de clásicos con moito ritmo, incluindo bossanova, samba, swing e boleros. Collage é un sexteto composto por dous percusionistas, guitarra e voz, baixo, piano, frauta e voz.
O concerto será na Praza Maior do Carballiño, este domingo, ás 23h. Por parte do organizador, o Concello do Carballiño, tamén porá a disposición dos asistentes cadeiras, deixando tamén a opción de quen queira bailar, que baile.