Este sábado, 20 de xullo o Alba de Gloria de Daniel Castelao retorna ao Pico Sacro. Intervención de Felipe Senén

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Felipe Senén

O programa de actos de 20 de xullo arranca ás 12:00 horas cun discurso de benvida a cargo de Felipe Senén. Secretario da Real Academia Galega de Belas Artes, exdirector do Museo Arqueolóxico da Coruña, museólogo e historiador da cultura galega é autor dun ampla obra ensaística sobre o país.

Unha vez no cume don monte darase paso á lectura ao Alba de Gloria, sendo a entidade convidada este ano para lela a Asociación Cultural Lucenza-Ateneo de Nigrán.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Agrupación Cultural O Galo de Santiago de Compostela e a Asociación Cultural Vagalumes da Estrada levan subindo ao Pico Sacro desde 2011 en lembranza de Daniel Castelao e daquelas nacionalistas que nos actos da ditadura de Primo de Rivera ascendían a este monte para celebrar o Día da Patria Galega escapando da prohibición imposta polo réxime.

O compañeiro de viaxe das persoas convocadas por estas dúas entidades é o Alba de Gloriaun discurso pronunciado por Castelao no exilio arxentino con motivo do Día da Patria Galega do ano 1948, cuxos dous primeiros paragrafos xa foran recollidas na primeira edición do Sempre en Galiza de 1944.

Alba de Gloria, a grande xoia do xénero discursivo galego, é unha explicación da cuestión nacional galega formulada por Daniel Castelao a través dunha viaxe pola historia da Galiza desde momentos iniciais da súa conformación como realidade diferenciada no espazo europeo.

Os asistentes visitarán ao remate deste acto a chamada cova da Raíña Lupa e ás 15:00 horas desenvolverase un xantar de confraternidade entre todos os presentes a esta actividade de referencia das vésperas do Día da Patria Galega.