O Festival de Habaneras contará con catro actuacións corais este sábado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O ‘Festival de Habaneras’ acada este sábado a súa 30ª edición da man do Orfeón do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O evento terá lugar dende as 20,30 horas da tarde no Auditorio Manuel María, e contará coa participación da Coral Polifónica de Arbo, a Rondalla Alfaia de Cenlle, o Coro Ars Cantorum de Guillade e o Orfeón do Carballiño. O homenaxeado deste ano é Serafín, un dos fundadores da coral carballiñesa.

Dende o concello do Carballiño destacan o traballo que hai detrás deste evento, que medra ano tras ano e que pon a súa nota tamén con guiño á emigración. Animan a todos a acudir e desfrutar da súa música.