O concello do Carballiño traballa na elaboración dunhas bases para a concesión de axudas destinadas á volta ao cole neste mes de setembro. Así, destinarán unha partida de 40.000 euros para axudar ás familias con máis dificultades. Serán concedidas segundo o Indicador Público da Renda, o que significa que obterán maior contía as familias con ingresos máis baixos. Poderán destinarse á compra de material escolar, libros de texto, ou renovación textil de uniformes ou roupa para a volta ás aulas.
Dende a área de educación do concello anuncian que se farán públicas as bases nas próximas semanas, e que neste mesmo departamento ofrecerán toda a información e axuda para a súa solicitude.