A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira, Laza, Piñor, Trasmiras, Xunqueira de Ambía e Os Blancos.
O Goberno galego achegará un investimento de 8.344.765,39, tamén nas dúas anualidades citadasAprobouse tamén a solicitude á Xunta para asumir os servizos obrigatorios do Concello dos Blancos.
Trátase dunha nova prórroga, ata marzo de 2026, para prestar os servizos que vén asumindo a Deputación logo da grave situación de risco financeiro na que se atopaba o concello en 2017No capítulo de iniciativas dos grupos políticos, o pleno aprobou tres mocións sobre a mellora das infraestruturas viarias na comarca de Valdeorras, a aplicación da lei de benestar animal por parte dos concellos e sobre o actual canon por tonelada de residuos xestionada que pagan os concellos a Sogama
Ourense, 24 de xullo de 2024.O pleno da Deputación de Ourense, na sesión ordinaria correspondente ao mes de xullo, aprobou hoxe os convenios de colaboración con sete concellos da provincia para a construción doutras tantas residencias para maiores, cun investimento por parte da institución provincial de 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025.Estes convenios permitirán cofinanciar a construción de centros para maiores nos concellos da Gudiña, A Teixeira, Laza, Piñor, Trasmiras, Xunqueira de Ambía e Os Blancos, contando para este fin co apoio económico da Xunta de Galicia.
Así, o Goberno galego achegará un investimento de 8.344.765,39, tamén nas dúas anualidades citadas.No cofinanciamento destas residencias tamén participan tres dos sete concellos: A Teixeira e Trasmiras achegarán 336.944,26 euros, respectivamente, mentres que Piñor aportará 1.000 euros.Estes convenios de colaboración enmárcanse no ámbito competencial da Deputación e das entidades locais, tendo como finalidade garantir a prestación de servizos de interese público, como é o caso das residencias para maiores.
Na sesión desta mañá a corporación provincial aprobou ademais unha modificación de crédito mediante a concesión dun suplemento de crédito e a modificación das bases de execución do orzamento vixente. Polo que respecta ao suplemento de crédito, a cantidade autorizada ascende 625.000 euros, financiados co remanente de tesourería para gastos xerais, e destinados ao Plan CooperOU.
A modificación das bases de execución non afectan cuantitativamente ao orzamento, en tanto corresponden ao cambio de obxecto das subvencións. Este apartado afecta por unha banda aos concellos de Lobeira e Muíños, ademais das seguintes entidades: Proxecto Home Galicia; Asociación Club Recreativo As Burgas; e Reserva da Biosfera de Allariz.
Servizos mínimos obrigatorios nos BlancosEntre os asuntos tratado no pleno figuraba a aprobación dunha solicitude á Xunta de Galicia para asumir, por parte da Deputación, a prestación de servizos mínimos obrigatorios municipais do Concello dos Blancos. Trátase dunha nova prórroga, desta volta ata marzo de 2026, para prestar os servizos mínimos que vén asumindo a Deputación logo da grave situación de risco financeiro na que se atopaba o concello en 2017.Os servizos dos que se fai cargo a institución provincial son abastecemento domiciliario de auga potable, saneamento, pavimentación de vías públicas e acceso a núcleos de poboación e iluminación pública.
A Deputación tamén se fará cargo da ordenación e xestión dos ditos servizos, incluídas as facultades de imposición e ordenación de taxas polos servizos, no caso de que estas procedan.
A Deputación poderá propoñer a prórroga sucesiva da asunción dos servizos para períodos de dous anos durante a vixencia do plan axuste do Concello dos Blancos, no caso de que subsistan as causas que a motivaron e non existan alternativas para garantir a prestación dos servizos.Aprobouse tamén definitivamente o orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento e a súa integración no orzamento xeral da Deputación de 2024, logo de estudar a desestimar unha alegación presentada.
Así, o orzamento deste consorcio terá neste ano un importe de 4.651.125,63 euros.Sinalar, por último, a aceptación da delegación de competencias formulada polo Concello de Castro Caldelas, para tramitar a expropiación dunha parcela necesaria para executar o proxecto de restauración medioambiental da zona de baño no río Edo, situada na área de Ponte das Táboas, en Castro Caldelas.
Iniciativas sobre infraestruturas en Valdeorras e benestar animalNo apartado de iniciativas dos grupos políticos, o pleno aprobou senllas mocións sobre a mellora das infraestruturas viarias en Valdeorras e benestar animal.
Sobre a primeira, acordouse esixir á Xunta de Galicia a contratación, á maior brevidade e a ser posible antes do remate de 2024, das obras de arranxo da OU-533, incluíndo unha partida nos orzamentos de 2025 para o acondicionamento desta estrada.Pídese tamén á Deputación que inste ao Goberno de España a realizar a mellora integral do firme da N-120 e nomeadamente na comarca de Valdeorras.
Tamén que se fagan os traballos de limpeza de biomasa nos noiros da N-120, priorizando os núcleos habitados, cumprindo ademais coa Lei de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Entre as peticións figuran ademais un estudo dos puntos negros da N-120 no referido a choques con fauna salvaxe e realizar peches nesas zonas, o acceso á Rúa e Vilamartín e destinar fondos para estas actuacións no orzamentos xerais do Estado, así como o orzamento necesario para executar sen máis demoras a A-76.No referido á iniciativa sobre benestar animal, a Corporación provincial insta ao Goberno de España a que dote orzamentariamente os concellos dunha partida para aplicar a Lei de Protección dos Dereitos e Benestar dos Animais, en base a criterios obxectivos baseados nun censo sobre os animais domésticos que viven no concello, tipo de especie, estado (abandonado, libre, en explotación) ou idade.
Tamén se pide a modificación desta lei para emendar as carencias observadas, atendendo os criterios dos profesionais sanitarios do sector e das recomendacións feitas pola FEMP.Por último, no que atinxe á proposta sobre o actual canon por tonelada de residuos xestionada que pagan os concellos a Sogama, a corporación provincial acordou que a Deputacións inste á Xunta para implantar medidas urxentes para avanzar cara unha xestión descentralizada dos residuos con plantas de proximidade, así como para que se manteña o canon actual que pagan os concellos adscritos a Sogama de 66€ por cada tonelada de residuos domésticos xestionada, máis o incremento correspondente do IVE.