Tramo final da MIT 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esgotadas todas as localidades do espectáculo de clausura, IRIBARNE

Número récord de espectadores, aínda sen contar cos 3 últimos días, superando as marcas dos anos de pre-pandemia que foron os de máximos históricos da MIT, en 2018 e 2019. Prevese unha recadación histórica de arredor de 40.000€

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os tres últimos días da 40 MIT virán marcados por unha estrea, a gran coprodución do festival deste ano e unha interpretación maxistral co actor Rubén de Eguía.

Dentro das actividades paralelas, a presenza de Ignacio García, exdirector do Festival de Almagro, as exdirectoras do CDG Cristina Domínguez e Ánxeles Cuña nun coloquio sobre os teatros públicos e a presentación do libro sobre o Premio Abrente, marcan a sintonía de peche, tamén co programa dos satélites da MIT en Sampaio e San Cristovo,

Ademais, o actor Alberto Velasco estará por partida dobre, tanto na realización nun curso en colaboración coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia como prersentando o seu espectáculo Mover Montañas, recentemente premiado no festival TAC de Valladolid. Un espectáculo gratuíto, na praza da Madalena, que entende o folclore como algo vivo, popular e moderno, non como un obxecto de museo. Un espectáculo híbrido e unha experiencia que apela á consciencia comunitaria.

E volve a segunda sesión golfa no Club Artístico, cos actores Nacho Castaño, María Costas, Fran Nogueira e María de las Llanderas.

ÚLTIMOS DÍAS DA 40ª MIT RIBADAVIA 2024

Día 25 // XOVES

11:00-14:00 e 16:00-19:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura – Curso de Darkclown con Peta Lily. Nivel 2.

20:00 – Sampaio – 100% Ciganí – Antón Coucheiro – Galicia. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – En mitad de tanto fuego – Miramedia e Festival GREC de Barcelona – Madrid-Cataluña.

00:30 – Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo. Museo Sefardí.

Día 26 // VENRES

12:30 – Igrexa da Madalena. Encontro-coloquio “Teatro público. Inclusión e outros dereitos. 40 anos do CDG”.

21:00 – San Cristovo – Mute – Cia. Orain Bi  – País Vasco. (Programa SputMIT – satélites da MIT).

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Nada se sabe – CDG e Culturactiva – Galicia.

1:00 – Club Artístico – Cancións amarelas, flores tristes – Manekineko  – Galicia. (Sesión Golfa)

Día 27 // SÁBADO

12:30 – Igrexa da Madalena. Presentación de libros e resolución do Premio Abrente 2024.

19:00 – Casa da Cultura. Proxección do documental de Abrente, de Xan Leira.

21:00 –  Praza Buxán-Igrexa da Madalena – Mover montañas – Alberto Velasco. Madrid-Castela León.

23:00 – Auditorio “Rubén García” do Castelo – Iribarne – ButacaZero, CDN e MIT – Galicia.