A Xunta mellora a caldeira e o servizo de comedor do CEIP Plurilingüe de Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá as obras de rehabilitación do Colexio CEIP Plurilingüe de Ribadavia. Como destacou o conselleiro, o verán é a mellor época para o acondicionamento dos centros educativos mentres a aulas están valeiras. Neste caso, estanse levando a cabo unhas actuacións para a mellora da caldeira e do servizo de comedor, cun investimento que ronda os 90.000 euros.

Para o concello é unha satisfacción que se desenvolvan estes traballos, unha demanda moi solicitada pola comunidade educativa e que suporá unha mellora para a calidade de vida dos usuarios deste centro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO