IRIBARNE, de ButacaZero, en coprodución coa MIT e o CDN, gaña o Premio do Público da MIT 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Xurado do Premio Abrente de 2024, composto por Nerea Brey, actriz e dramaturga premiada en 2023, Rubén Porto actor e Marcos Alonso, membro da Sala Ártika e Roberto Pascual, Director Artístico da Mostra Internacionald de Teatro de Ribadavia, deciden conceder por unanimidade o Premio Abrente desta 40ª edición da MIT ao texto titulado “Os servizos prestados”, que unha vez aberta a plica resulta ser da autoría de Alberto Ramos Ríos.

A obra destacou polo seu interese social, con posibilidade de xerar debate arredor da explotación e da autoexplotación laboral e o risco que conleva de perda de dereitos da clase traballadora conquistados historicamente.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén transcende o texto ao ámbito afectivo, á perda de vínculos de amizade por motivos de relacións laborais.

 Os cambios de persoanxes, o ritmo, a ruptura da cuarta parede, o pertinente uso de metáforas, son recursos compositivos que lle conceden ao texto moito interese escénico e calidade artística.

Non é unha obra plana nin cunha única capa de recepción, xa que a complexidade dos personaxes e a capacidade para demostrar distintos puntos de vista fan de “Os servizos prestados” unha obra profundamente reflexiva e de recepción activa.

 Alberto Ramos é escritor e xornalista, estreouse como dramaturgo co Premio Rafael Dieste en 2023 e na actualidade traballa para a Asociación de Actores e Actrices de Galicia na área de Comunicación.

Por outro lado, o Premio do Público recaeu por escasas décimas no espectáculo Iribarne, unha sátira política de excelente dramaturxia e interpretación e que se converteu nun dos espectáculos galegos máis valorados na historia deste festival internacional e que consolida a Esther Carrodeguas como unha das dramaturgas máis destacadas do teatro galego contemporáneo. As votacións dos espectáculos desta edición estiveron moi equilibradas e a satisfacción do público quedou de manisfesto nesta edición espello que consolidou o público como protagonista indiscutible, un público experimentado e aberto á innovación á que se acostumou cunha Mostra esixente, aberta e moi internacional nestes últimos anos baixo a dirección de Roberto Pascual.