Aínda que en Arnoia hai festas con gran tradición, é a Festa do Pemento, o seu produto gastronómico por excelencia, a que ten maior capacidade de atracción. Este ano celebrarase os días 2, 3 e 4 de agosto e está declarada Festa de Interese Turístico Galego.
A inauguración oficial será este venres ás 21:00 horas co grupo Airiños da Arnoia. Bruxo Queiman lerá o pregón e poderase degustar este produto, cunha noite amenizada pola orquestra Panorama.
O sábado, V Concentración A Arnoia de Vehículos Clásicos do Pemento, degustación de pemento e moita máis música, xogos infantís, pandereteiras, orquestra e disco móbil.
Para o domingo, máis degustación e xornada repleta de actividades para todos os públicos, pechando a 45ª edición coa actuación do grupo Gin Tonics.