Hoxe mércores, dende primeira hora da mañá, puxéronse á venda as 600 entradas para a comida oficial da Festa do Pulpo nas oficinas municipais. O prezo das entradas é de 45 euros cada unha.
Preto do mediodía, case a totalidade das entradas quedaron vendidas, a excepción de menos dun centenar. Para a segunda xornada de venta, que será mañá xoves, quedará aínda algunha dispoñible para os que dean prisa para acceder a elas.
Unha parte dese aforo resérvase para o dispositivo de seguridade e sanitario, integrado por máis de 100 persoas, así como para as autoridades locais, galegas e nacionais, os patrocinadores e os medios de comunicación, algúns internacionais, que co seu traballo edición tras edición axudaron a converter a Festa do Pulpo nun referente gastronómico mundial, ratificado agora coa Declaración de Interese Turístico Internacional.