EXTRACTO DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CAMISETAS – FESTA DO PULPO 2024
BDNS (identif.): 773454
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo pode atoparse na Base de Datos Nacional de Subvencións:
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/773454)
De conformidade co recollido nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode onsultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións: http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
- Obxectivo do concurso
O presente concurso ten como finalidade seleccionar o deseño dunha camiseta con motivo da
Festa do Pulpo 2024 e así seguir incentivando a participación da mocidade na Festa do Pulpo. O
deseño pode estar creado en base a debuxos, imaxes, tipografías, palabras, frases, números ou
calquera outro elemento gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera cor, na súaparte dianteira ou traseira ou en ambas. O estilo do deseño é libre, pero cunha temática que identifique a dedicación da Festa do Pulpo 2024 (“O Ribeiro”). - Beneficiarios
A participación está aberta a todos os colectivos (asociacións xuvenís, culturais, veciñais, etc.;
grupos, bandas xuvenís, colexios, etc.) que o desexen, sen límite de idade sempre que o responsable da agrupación sexa maior de idade. Cada peña só poderá participar cun deseño. - Crédito orzamentario e premios
Establécense os seguintes premios:
- 1.º premio: 300 €
- 2.º premio: 200 €
- 3.º premio: 100 €
O resto de camisetas que cumpran os requisitos das bases expostas recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada unha. No caso de que se esgote o crédito debido ao número de inscricións, quedarán sen á compensación de 60 euros as que realizaran a súa inscrición máis tarde. Calquera dos premios poderanse declarar deserto se o xurado o considera oportuno. Aos premios aplicaráselle as retencións correspondentes segundo a lexislación vixente.
- Prazo e presentación de solicitudes e documentación
As inscricións deberanse recoller no Departamento de Cultura do Concello, e presentarse no
rexistro municipal desde o día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria
no BOP, trala comunicación efectuada para o efecto na Base de Datos Nacional de Subvencións
(BDNS), e ata o día 7 de agosto de 2024 en horario de oficina (de 9 a 14 horas).
Para calquera consulta poderán chamar ao teléfono 988 530 007, (extensión 329) ou ao 662 198 615.
O Carballiño, 3 de xullo de 2024. O alcalde.
Asdo.: Francisco José Fumega Piñeiro.