O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño e polo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitaron o Polo de Emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño. En primeiro lugar, fixo unha valoración das cifras do paro do mes de xullo, que manteñen a boa tendencia, a pesar dunha lixeira suba con respecto ao pasado mes, pero nun balance anual con boa resposta
O Polo de emprendemento do Carballiño é un dos 14 postos en marcha en toda a comunidade nos últimos anos, como unha ferramenta de apoio para todo o tecido. Neste en concreto, atendéronse xa máis de 130 proxectos, coa finalidade de impulsar o desenvolvemento rural. O balance feito reflicte dinamismo para os proxectos e puido comprobarse hoxe na reunión mantida con eles, os emprendedores, en primeira persoa.