O Psoe de Xinzo insta ao concello a solicitar a adhesión ao protocolo marco do programa axente titor á maior brevidade para que entre en Vigo no curso escolar 24-25

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Programa Titor é un servizo da policía local especializado na promoción do respecto da infancia, polo que a súa intervención “céntrase na protección aos menores e na prevención do entorno escolar”, explican as e os socialistas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Elvira Lama lembra que o municipio conta con 15 axentes que prestan os seus servizos e o actual inspector xefe da policía local “prestou servizos no concello da Coruña, onde xa está implantado este programa e coñece de primeira man as vantaxes do mesmo”

Xinzo de Limia, 31 de xullo de 2024. O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia vén de presentar unha moción para o seu debate en sesión plenaria na que insta ao concello a solicitar a adhesión ao protocolo marco do programa Axente Titor da FEMP á maior “brevidade”, para que se podan formar os efectivos a tal fin para ofrecer este servizo no vindeiro curso escolar 2024-2025.

Dende o grupo municipal socialista fan fincapé na “importancia” de formar parte dun programa posto en marcha polo ministerio de Sanidade no ano 2012 e que centra a súa atención nas actuacións que teñen que ver con situacións relacionadas co entorno escolar, “como son a prevención de drogo dependencias, o absentismo escolar ou a violencia entre iguais”. O Programa Titor é un servizo da policía local especializado na promoción do respecto da infancia, polo que a súa intervención “céntrase na protección aos menores e na prevención do entorno escolar, en coordinación co resto de profesionais da rede de recursos municipais”, explican as e os socialistas.

Xinzo de Limia conta con catro centros escolares, dous de primaria e dous de secundaria, que suman un total de 1.500 alumnos e alumnas, que cada día se enfrontan a numerosos desafíos. “Os escárceos con sustancias aditivas empezan en idade escolar e nunha taxa que vai en aumento, si falamos de sustancias que están aceptadas socialmente, como son o tabaco e o alcohol, pero tamén outras sustancias e as novas tecnoloxías”, apunta a voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo de Limia, Elvira Lama Fernández.

Lama Fernández explica que para desenvolver o traballo dos axentes titores, “existe unha asociación nacional que da soporte e apoio aos profesionais da seguridade cidadá”. Neste senso, tamén destaca que a formación “pode ser presenciar ou mediante cursos online de formación acreditada para formar aos posibles axentes que se destinen a exercer estas funcións”.

A voceira do PSdeG-PSOE de Xinzo lembra que o municipio conta con 15 axentes que prestan os seus servizos e o actual inspector xefe da policía local “prestou servizos no concello da Coruña, onde xa está implantado este programa e coñece de primeira man as vantaxes para a comunidade en xeral e para os menores e as familias en particular”.

Dentro do programa están definidos os principios, as metodoloxías, o ámbito de aplicación e as funcións que deberían desempeñar. “Entre as mesmas atópanse a prioridade de acción preventiva, a intervención directa dos axentes especializados, favorecer a integración e normalización do menor no seu medio social, a colaboración e coordinación coas entidades e servizos sociais comunitarios, a orientación de tódalas intervencións no primordial interese do menor, a transparencia na elaboración dunha memoria anual accesible á comunidade, e a accesibilidade a tódolos profesionais que traballan cos menores”, afirman as e os socialistas.