-A Praza Maior será esta fin de semana o escaparate das bodegas Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes
O Carballiño, 3 de agosto de 2023
A Mostra de Viños do Carballiño reivindica a enograstronomía como recurso estrela da provincia de Ourense. Durante toda esta fin de semana, no marco da programación da Festa do Pulpo, a Praza Maior do Carballiño será o escaparate de seis bodegas: Arco da Vella-Adega do Eladio, Adega Viña-Carpazal, Eduardo Bravo, Casal de Armán, Pazo Tizón e Oryctes. Veciños, veciñas e visitantes poderán degustar os caldos en horario de 12.00 a 21.30 horas.
Os viños serviranse nunhas copas especialmente deseñadas para a Festa do Pulpo, que nesta 62 edición se dedica á D.O Ribeiro, a máis antiga das galegas. Viño e pulpo serán a perfecta maridaxe desta celebración declarada no 2022 festa de interese turístico internacional. A música tamén estará presente durante toda esta fin de semana. Para esta tarde programouse o concerto de Isidro Vidal, ás 20.00 horas na Praza Maior. Mañá Os Biruxes animarán as rúas e, a partir das 20.00 horas, agárdase a actuación de El Hechizo de Nora.
Este é o programa detallado para os próximos días:
MOSTRA VIÑOS D.O. RIBEIRO
Sábado, 3 – ás 20 h na Praza Maior
CONCERTO DE ISIDRO VIDAL
Domingo, 4 – ás 12 h e ás 21.30 h na Praza Maior
Animación musical OS BIRUXES
– ás 20 h na Praza Maior
CONCERTO – EL HECHIZO DE NORA
CONCERTO DE CLON MELA
Luns, 5 ás 20 h na Praza Maior
A TAPA XIGANTE MÁIS GRANDE DO MUNDO
Martes, 6 – a partir das 19 h na Praza Maior
Animación musical TERRAS DO ARENTEIRO
– ás 21 h na Praza Maior
CONCERTO de SOUL & ROCK
ORQUESTRA AMÉRICA
Mércores, 7 ás 23 h na Praza Maior
ORQUESTRA COMBO DOMINICANO
Xoves, 8 ás 23 h na Praza da Vera Cruz
PARTIDO DE FÚTBOL C.D ARENTEIRO – PONTEVEDRA C.F
Venres, 9 ás 19.30 h no Campo do Espiñedo
DISCO MÓBIL GRAMOLA
Venres, 9 ás 23 h na Praza Maior
FESTA DAS CAMISETAS – ANIMACIÓN MUSICAL DE DJs
Sábado, 10 ás 17 h na Praza Maior
FESTA DO PULPO
Domingo, 11 – a partir das 11 no Parque Municipal e rúas da vila
Animación musical de CHARANGAS / GRUPOS DE MÚSICA TRADICIONAL
– de 12 h a 18 h no Parque Municipal
FESTIVAL DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL: CORIBANTES /CANTA NAS CROAS / CANTAREIRAS MADIALEVA / AUSKELGA
– ás 20.30 h na Praza Maior
CONCERTO AMIGOS DO ACORDEÓN TERRAS DE CELANOVA
– ás 23 h na Praza Maior
CONCERTO de OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO