O concello do Carballiño fixo esta mañá unha recepción oficial á delegación da localidade italiana de Noventa Padovana, encabezada polo alcalde, Marcello Bano e o concelleiro de turismo. Hoxe fixeron oficial a través da sinatura do seu irmanamento unha relación que une moito máis que gastronomía.
Estivo hoxe case a totalidade da comisión creada para este irmanamento, con representación de entidades culturais e tamén dos diferentes grupos que conforman a corporación municipal.
Dende Italia trouxeron agasallos para O Carballiño, como a súa distinción e emblemas e camisetas da súa Fiera del Polpo. Tamén trouxeron unha guía da súa cidade, e vanse cunha escultura da nosa pulpeira. As boas relacións quedaron demostradas coa súa presenza tamén onte durante a tapa xigante, de igual modo que en outubro será o Carballiño quen se desprace á súa festa.